Galego Castelán
Novidades
26/11/2014
Nicaragua: unha experiencia que deixa pegada Ir..
05/10/2013
SAN FROILAN ASOCIATIVO Ir..
10/04/2013
Axunica estrea nova Web
As Nosas Descargas
Agua Agria - Descargar
Historia de Nicaragua - Descargar
Nuevo Amanecer - Descargar
Coñece Axunica - Descargar
Videopoema - Descargar
Descobre Nicaragua - Descargar
Fai a túa doazón
Número de Conta de NCG
2091- 0162-10-3000043533
Visita O Noso Blog
»Historia de Axunica
Axunica é unha organización sen ánimo de lucro, adicada a financiar e impulsar os proxectos que se desenvolven en Nicaragua, con sede en Lugo, e que toma forma legal en 1996, aínda que dende o 1988 se leva colaborando co pobo nicaraguano dunha maneira máis informal.
Axunica comezou coa viaxe de Ana María Vila Montero, sendo relixiosa da Compañía de María, que xunto con outras compañeiras belgas, tentan impulsar unha intensa labor de promoción e desenvolvemento social nas comunidades campesiñas de zonas rurais do municipio de Granada. En 1996, Ana María abandona a compañía de María, pero non así os proxectos iniciados, decidindo quedar en Granada para darlles continuidade. A raíz desta decisión dáse vida en Lugo a unha asociación local sen ánimo de lucro, Axunica, a cal, entre outras actividades, adícase á recollida de fondos para apoiar diferentes proxectos en Nicaragua.
Dende entón o traballo continúa coodinadamente entre Galiza e Nicaragua. Así empézanse a cubrir necesidades básicas das zonas rurais, creáronse os primeiros comedores infantís levados e xestionados por grupos de mulleres e nais organizadas; ao mesmo tempo organizáronse aulas de preescolar en Tepalón, El Tabacal, Santa Ana, etc... De igual forma empezan a nacer as primeiras Casas Comunais, que serven como lugar de encontro entre a poboación e o equipo de traballo nicaraguano e onde se desenvolven diferentes actividades.
Imagen Historia
No ano 1995 Axunica propón aos nicaraguanos que xa estaban a traballar con Ana María a necesidade de legalizárense a través da personalidade xurídica dunha Fundación: así nace Fundavi (Fundación Apostamos por la Vida). Foi un longo ano de traballo no que participaron moitas persoas de diversas comunidades, recibindo formación a través dun grupo de avogados. Máis adiante, no 2004, Calli Tanday segue o mesmo camiño que Fundavi, pois Axunica tamén se preocupa de que teña personalidade xurídica. O obxectivo da creación destas organizacións foi o de que todo o froito da solidariedade pasara a mans dos nicaraguanos.
Isto dá lugar a que se poidan ampliar as zonas de traballo, chegando a un meirande número de comunidades e persoas, dándolles a oportunidade de participar en diversos proxectos. A labor que realiza a organización na actualidade en Nicaragua, céntrase na zona urbana de Granada e en varias comunidades rurais do municipio: Nuevo Amanecer, Agua Agria, Chinandeguita e Malacatoya.
As actividades que a entidade realiza non só están centradas no pobo nicaraguano, en Galiza tamén se fan actividades de sensibilización sobre a realidade que vive o país de Sandino.
Axunica traballa de forma complementaria e conxunta, con Kasak, ONG madrileña que xurdíu a raíz do contacto de varios mozos de Madrid con Axunica e Ana Vila, e que dende 2006 están constituídos legalmente.